16.12.05

galician tea

unha nova proposta de cultivo en Galiza: o té. Esta planta da familia das camelias (camellia sinensis) fun atopala no mercado das flores de Notre-Dame en París despois de procuras infructuosas polos viveiros da nosa terra. Fai pouco floreceu.


As follas do té comezan a recollerse aos tres anos de vida da planta.
Non sei se a calidade do té será boa porque nesta inflúe a altitude da plantación.
No limiar de A lus do candil de Anxel Fole este comenta que no Courel podían atoparse arbustos de té polo que aínda hai esperanza.


lanzado por porquiño | 07:23 | son todo oidos [20] |

26.05.05

máis flores

onte apareceu a primeira papoula (papaver rhoeas) do ano.


estas tamén teñen usos terapeúticos como calmantes aínda que foron plantadas por facer bonito.


lanzado por porquiño | 06:38 | son todo oidos [9] |

24.05.05

herboristería natural


estes días andamos a recoller as flores de manzanilla para a botica caseira. Medra por todos lados e ule mellor que a que se merca en bolsiñas. Adeus aos dolores de barriga.


lanzado por porquiño | 10:29 | son todo oidos [8] |