28.06.05
a brand new era

por fin chegou o momento de que o señor Fraga se retire definitivamente a Perbes. Xa era hora de que deixe a outra xente intentar mellorar o país, que ben falta fan uns cantos cambios.
Aos que veñen novos: non nos defrauden.
it’s a brand new era, it feels great
it’s a brand new era but it came too late.
newark wilder – pavement
23.05.05
hai que botalos
estiven toda a mañá vendo as curtas de hai que botalos. Noraboa a tódolos que participaron.
Moi clarificador é o documento que mostra como se carrexan os votos en moitos sitios de Galiza, algo que por aí fora non coñecen nin comprenden.
Espero que sirva de algo esta iniciativa e as cousas comecen a cambiar a partir do 19 de xuño.

15.03.04
a la puta calle
Por mentirosos, manipuladores, soberbios, abusadores do poder: Aznar, Rajoy, Acebes, Zaplana, Cascos, Trillo e tódolos nefastos funcionarios do peor goberno da historia a la puta calle a ladrar su rencor por las esquinas. Aznar quería pasar á historia e logrouno : como o chulo que mergullou na súa propia merda.
Outro momento de xustiza: onte no informativo das eleccións de TVE1 Urdaci tivo que seguir comentando os resultados das eleccións mentres se escoitaba á xente congregada ante a sede do psoe gritar: Urdaci a la calle !!
O perder as eleccións é moi blando castigo despois de haber tido que sofrir os seus despropósitos estes 8 anos. Espero que os que chegan agora tomaran boa nota de cómo non gobernar un país; este podería ser o título do teu primeiro libro, Jose Mari, agora que terás tempo para escribilo.
29.02.04
a vaina das eleccións
Aínda non estou moi seguro a que partido vou votar pero si teño claro a quen non votarei porque non quero ir ‘juntos a más’. Paréceme a min que a decisión de moitos votantes baséase na elección da opción ‘menos mala’; o pobo xa ten asumido que gañen os que gañen as cousas non van ir a mellor. Os candidatos elexidos crense no dereito de facer o que lles veña en gana durante 4 anos e despois soen ter a sorte de voltar a ser elexidos a pesares de todalas tropelías cometidas no seu mandato. Eu boto a faltar algún método de control dos nosos gobernantes para que non pasen cousas como as que estamos vendo ultimamente: aznar e os seus compinches minten descaradamente e bótanlle a culpa a ONU da guerra-invasión de Irak, a alcaldía de Sada arrebatada cun faxo de billetes, o de Toques que pode seguir sendo alcalde, os chapuzas do Prestige que todavía non admitiron a súa culpa, e moitos máis casos que xa estarán a recordar os candidatos da oposición.
Nestes tempos boto a faltar unha campaña máis cercana á xente e menos mitines aos que só van os votantes acérrimos dos partidos a aplaudir e axitar banderiñas. Penso que este país é en realidade un país rural e nos pequenos pobos hai outras preocupacións e escoitan como quen escoita chover todas esas cousas ‘da política’. Na aldea onde eu vivo puxeron un cartel enorme do ‘Plan Galicia’ para rehabilitación dos concellos rurais. O único que gastaron de momento do orzamento previsto é precisamente o que custou dito carteliño. E así sempre. A xente está ata o carallo dos políticos deste país,moitas promesas incumpridas, abuso infinito do poder e soberbia por parte duns funcionarios que nin siquera teñen un posto fixo xa que non pasaron por ningunha oposición. E aínda se preguntan o por qué de tan pouca participación á hora das votacións.
Os datos da abstención e votos en branco deberían de iniciar un debate necesario sobre a lei electoral; eu sempre pensei que os votos en branco deberían computarse tamén e convertirse en escaños vacíos (hai unha iniciativa interesante dun ‘partido’ : ciudadanos en blanco) porque non é xusto que un partido goberne en maioría absoluta con só o 40% dos votos. Tamén debería haber unha opción de votar en contra dun partido xa que esta é a postura de moitos votantes: non están a favor de ningunha opción política pero si en contra de moitas. A min pásame o mesmo…
20.02.04
i-d
En estos tiempos de campañas electorales me resultan penosas las promesas de los partidos que quieren llegar al poder; pero las verdaderamente patéticas son las que hace el PP que se contradicen con sus 8 años de gobierno. Da la impresión de que se reservan los cambios para tiempos de elecciones. Hay muchos casos de promesas patéticas pero el que más me cabrea por motivos personales y profesionales es esa promesa tantas veces oída de que van a incrementar el gasto en investigación y tecnología. No se lo creen ni ellos. Y es una pena porque en este país hay muchos científicos formados (creo que más que en muchos países de primera en Europa) que no pueden desarrollar su actividad por falta de interés del gobierno en algo fundamental para el desarrollo del país.
No sé si recuerdan un anuncio de Telefónica en la tele en el que aparecía un gafitas vestido de trapecista y tenía una conversación con sus padres semejante a esta:
madre : hijo, no has encontrado trabajo de lo tuyo ?
hijo: pero mamá, la física está intimamente relacionada con el mundo del circo…
Y como este muchos en todo el país. Yo mismo no trabajo de lo mío, aunque todavía no en el campo del trapecio… A veces me preguntan por qué estudié Física como si no sirviese para nada; yo contesto, en este país desde luego que no, aunque la física está intimamente relacionada con muchas cosas.
Ahora les dejo que me voy de gira por todo el país…





