10.08.05

primeiro día de vacacións

o primeiro día das vacacións deste ano paseino na miña terra natal. O meu pai ten unha pequena embarcación e fomos dar unha volta pola ría de Ares equipados con aparellos de pesca.

Iamos a polos chocos pero non houbo sorte. Sen embargo coas liñas ao curricán foi outra cousa: tres xardas, unha robaliza, un abadexo e unha liberna.


lanzado por porquiño | 15:12 | son todo oidos [9] |