24.05.06
traballo en rosa
o meu pasteliño favorito de tódolos tempos é a “Pantera Rosa” a pesar da súa cor rosa E-124. Acompañounos a moitos nos recreos do colexio competindo cos “Tigretones” e os “Phoskitos”.
Agora no lugar onde traballo hai unha máquina expendedora con estes pasteliños e todo segue igual: as “Panteras” esgótanse antes cos outros produtos e eu contribúo a ese éxito. O malo é que só repoñen existencias unha vez á semana…

2.06.05
marronciños
estes amiguiños están a esperar por min para cear esta noite.

Imaxe (e sólido) cortesía de geiko.





