19.05.05

estraños nun tren

onte vin no tren até Pontevedra cun señor maior dos que comezan a falarche nada máis sentarte ao seu carón. Contoume que estivera moitos anos traballando nun hotel de Suiza e que grazas a aprender varios idiomas puido gañar máis diñeiro aló. Contoume un chiste en italiano, algunhas cousas que lle dixeron os seus xefes díxomas en alemán e tamén intentou ligar cunha camareira en Londres (pero our love is imposible díxolle el).
Cos idiomas chegábase moi lonxe naqueles tempos, dixo el, e servían para gañar cartos. Eu dixen que hoxe en día seguían sendo importantes pero non se chegaba tan lonxe. El calou.


lanzado por porquiño | 03:36 | son todo oidos [13] |

18.03.04

os monos de mar

onte lembrei por unha estrana asociación de ideas un tema que sempre tívome intrigado: os monos de mar. Os maiores do lugar lembrarán uns misteriosos anuncios que aparecían en moitas revistas e tebeos dos 70 e 80 (xunto con outros de gafas de visión raios X, o método Charles Atlas de musculación e outros productos maravillosos) nos que se publicitaba unha estrana forma de vida. Segundo estes anuncios vostede recibía un sobreciño cuns pós que despois de introducir nun recipiente con auga convertíanse en maravillosas criaturas con formas humáns e que se aseguraba poderían ser amaestradas para realizar piruetas e outras proezas. Eu nunca crín nisto pero sempre quedoume a dúbida de que serían estes monos de mar.
Ó lembrar este tema onte busquei por internet e non me resultu difícil averiguar o que en realidade son estas criaturas: unha especie de camaróns (Artema nyos) descubertas por Harold von Braunhut en 1957; este señor encontrou que os bichiños enquistábanse ante a falta de auga manténdose nun estado latente e recuperaban a vida de novo na agua. O resto conseguiuno o poder do marketing… Moitos nenos deberon sentirse defraudados cando os polviños convertíanse no que poden ver se pinchan na imaxe de aquí enbaixo en vez da familia feliz de moniños de mar co seu castelo incluido.
Cantas colonias de monos de mar haberá nestes intres nas nosas alcantarillas?




lanzado por porquiño | 16:40 | son todo oídos [7] |