16.11.07
en construcción
estamos de obras pero trátase de algo máis gordo que cambiar unha folla de estilos ou unha plantilla…

Tódolos días pedímoslle ao señor do tempo que a chuvia non se apure moito en voltar.
7.06.07
proxecto gato
esta semana a nosa casa converteuse no novo fogar dun par de gatiños que andaban na procura de alguén que os adoptase. É difícil resistirse (para quen lle gusten os felinos) a querer ter unha destas criaturas pola casa. Eu polo menos quédome parvo mirando para eles mentres xogan, durmen, brincan.
Nesta ocasión os nomes elixidos foron Nori e Kombu.
Nori semella ser un gran lector aínda que iniciarse con Pynchon pode ser algo esgotador.

Kombu contempla o mundo dende os seus ollos tristóns e pensa en futuras sopas con ceboliños.

25.08.06
citromatic

Despois dun tempo con ganas de facerme cun xa teño na casa o clásico espremedor citromatic de braun.
É algo salientable que, nestes tempos de fugaces novidades e tecnoloxías desactualizadas xa dende a saída ao mercado, se poda atopar un aparello que prácticamente non tivo cambios dende a súa orixe.
Debe ser dos máis aparatosos e non é o máis barato pero era o que había na miña casa cando era cativo e lembro que durou moitos anos. E o seu deseño atemporal mola.
2.03.06
churros
non hai cumpreanos completo sen uns bos churros feitos coa churreira tradicional. Ademais “la maneja una niña”...







