21.07.05
as pipas cada vez máis preto

despois de moito regar e de mimar as plantiñas xa temos as flores dos xirasoles. Estas son plantas altas duns dous metros e as flores son ben grandes; as abellas teñen traballo dabondo nelas e despois da polinización as pipas estánse a formar.

As flores grandes vense na distancia pero nada comparado coas longas extensións de xirasoles que fai pouco puiden ver polos campos de Huelva.
26.05.05
máis flores
onte apareceu a primeira papoula (papaver rhoeas) do ano.

estas tamén teñen usos terapeúticos como calmantes aínda que foron plantadas por facer bonito.
24.05.05
herboristería natural

estes días andamos a recoller as flores de manzanilla para a botica caseira. Medra por todos lados e ule mellor que a que se merca en bolsiñas. Adeus aos dolores de barriga.

5.05.05
a casa das pipas
estes días andamos a plantar varias plantiñas de xirasol que estiveron a medrar no invernadoiro dende sementes. Están situadas por varios puntos nos límites da nosa leira; como non temos setos nin valos nin peche algún penso que sería unha boa idea delimitar as nosas propiedades con xirasoles.
Pasariamos a ser os da casa das pipas.






