9.10.08

vendima 2008


Este ano a vendima tivo a novidade de contar cunha espectadora (a ratos) que para o ano que ven seguro que xa quererá colaborar máis activamente recollendo algúns baguiños.
Polo resto non moita colleita pero chegou para encher un barril de branco e outro de tinto.


lanzado por porquiño | 15:26 | |

12.07.08

ines


esta rapaciña xa leva neste mundo 4 meses aínda que semella que leva con nós dende sempre.
Cambiaron os hábitos pero tamén chegaron os sorrisos, as simpáticas verbas nunha linguaxe incomprensible e as miradas atentas a todas as novidades do mundo.


lanzado por porquiño | 15:03 | son todo oidos [5] |

3.03.08

unha nova vida

Alguén moi importante está a piques de chegar ás nosas vidas.

A pequerrecha non sabe a expectación que está a crear aquí fóra e as gañas que temos de vela por primeira vez sen axuda de aparellos médicos.
Algún día contareille cómo foron estas semanas de espera: os plans que se fixeron, as obras na casa e as emocións que fixo agromar cando era para min unha imaxe en branco e negro e uns movementos baixo a pel da súa nai.


lanzado por porquiño | 08:59 | son todo oidos [6] |