15.12.06
máis música
o último gran concerto deste ano para min foi o de danielson na sala apolo de barcelona.

Sons uns tipos do máis curioso igual que a súa música;recoméndolles o seu disco deste ano ‘ships’.
Aínda que o meu descubrimento da noite foi o teloneiro jeffrey lewis do que oíra falar pero nunca escoitara a súa música.
Un novo heroe friki ao que seguir a pista.

As fotos son de elchicodelaleche.
4.12.06
yo la tengo

estiven no fabuloso concerto de Yo la tengo a pasada semana en Barcelona.
Aínda non pasan os anos para este “rapaces” e os seus directos seguen a ser intensos e cun repertorio inagotable.
Penso que cando os meus netos pregunten pola música que había nos meus tempos eles aparecerán na miña lista de destacados xunto a Pixies, Sonic Youth, Wedding Present, REM e moitos máis que omitirei para non semellar un carroza.
14.02.06
micah p hinson

onte fun a ver a Micah P. Hinson en Madrid.
Para o meu gusto do mellor que se pode ver nun escenario nestes tempos de novas sensacións de curto percorrido. Puro country-punk se iso existe…
Xa tiven ocasión de velo en Vigo o ano pasado e podo dicir que está a mellorar no seu directo.
Se estades en Vigo podedes comprobalo no vademecum este xoves 16.
24.11.05
wedding present

onte vin en Madrid por vez primeira a wedding present en concerto despois de anos escoitando tódolos seus discos.
Lembreime do verán que aprendín a tocar a guitarra co george best de fondo, rompendo as cordas como David Gedge.
Dende xa o mellor disco do ano é Take Fountain.
22.04.04
jonathan richman
chegando hoxe a Vigo entereime por uns carteles que mañá estará tocando Jonathan Richman na sala Capitol de Santiago DC. Intentarei estar alí. Se saben quen é o tipo pode que tamén intenten ir e se non o saben pero gustan dos concertos informais de andar por casa con guitarra-batería e música sen complicacións vaian a coñecelo.





