15.05.07

salvade ás abellas

dende o ano pasado temos aloxadas na eira unha colonia de abellas, agasallo dun coñecido apicultor.




Todo un luxo vendo como o está o panorama apícola polo mundo con despoboamentos de colmeas a grande escala; xa dixo Einstein que cando desaparezan as abellas pouco nos queda aos humanos. Esperemos que se faga algo para remediar o problema.


Dende o meu pequeno curruncho no mundo tento coidar ás miñas abellas con árbores e plantas para que polo menos non lles falte comida.



lanzado por porquiño | 19:11 | son todo oidos [2] |

23.03.04

ofrécese colmea con vistas


a nosa casa vaise enchendo de obxectos curiosos e antigos traídos da casa do meu avó político en Hío, Cangas (el chámalles porquerías). Fai tempo trouxemos unha vella artesa (arcón de madeira para amasar o pan) e a última vez un baúl de madeira e ferro e un cortizo para abellas que poden ver na foto; trátase dunha colmea tradicional feita con corteza de alcornoque oca. Xa está colocada na horta orientada cara o sol por ver se algún enxame se decide a mudar aquí; estes días poiden ver algunha abella exploradora examinando o cortizo como posible futura vivenda.
Abellas do mundo: aproveiten esta oportunidade única.







lanzado por porquiño | 16:34 | son todo oídos [7] |