16.04.04

bichejos traicioneros


a nosa casa estase a transformar pouco a pouco nunha granxa, con rebelións incluidas. Agora viven aquí 6 pitos, 3 galiñas ponedoras, 1 parella de patos mudos de berbería e 1 parella de coellos.
As galiñas xa poñen ovos, os pitos crecen rápidamente (non paran de comer), os coellos están en actitudes reproductivas (aínda que ela parece facerse a difícil..) e os patos aparentemente só se bañan nunha pileta.



lanzado por porquiño | 12:19 | son todo oídos |

13.03.04

rabaños


O rabaño dos meus veciños medrou con dous novos años. Mentras as ovellas adultas pastan na herba as pequenas comen de mentirixiña para ir aprendendo sen alonxarse da súa nai e alleas ao absurdo mundo salvaxe dos humáns.


lanzado por porquiño | 22:21 | son todo oídos [2] |