29.11.07

feijoas

Este ano tivemos a primeira colleita de feijoas.




A espera de tres anos dende que foron plantados os arbustos mereceu a pena pois os froitos son ben ricos; teñen un sabor “tropical” que a min antóllaseme unha mistura entre a piña e o maracuyá.
Nesta época é posible atopalas, con procedencia galega, á venda nalgunhas froiterías.


lanzado por porquiño | 12:29 | son todo oidos [5] |

20.09.07

castañas e marmelos

non todo van ser desgracias no “ano da carracha”. Hai tres anos plantamos na eira un pequeno castiñeiro salvado dun desastre urbanístico en O Hío (Cangas). Foi unha grande alegría ver os seus primeiros ourizos de castañas.





Outra das alegrías froiteiras do ano é a primeira colleita de marmelos do noso marmeleiro anano.






lanzado por porquiño | 15:55 | son todo oidos [2] |

30.03.06

primavera

aínda que o tempo atmosférico de momento non acompaña a primavera xa chegou ao xardín.




Na foto a nosa ameixeira (prunus domestica).


lanzado por porquiño | 13:28 | son todo oidos [7] |

1.02.06

marmeleiro

Regalounos o irmán da nosa veciña un marmeleiro (cydonia vulgaris) que tiña plantado na súa leira. Como estaba baixo as viñas tivo que podalo ano tras ano e así tomou a forma estraña que poden ver na foto.


Agora o doce de marmelo que se fai na casa vai ser máis rico se cabe.


lanzado por porquiño | 08:58 | son todo oidos [1] |

16.03.04

actualización de árbores


comentei fai pouco que non temos vimbios para atar as vides. Despois de consultar ós sabios do lugar souben que con só prantar unhas varas recén cortadas estes arboliños botan raíces fácilmente; agora xa hai plantadas 4 varas de vimieira (salix viminalis) e unha de elas xa ten un prometedor gromo.
ver foto enriba

achégase a primavera e casi tódolos frutais están florecendo: a amendoeira que plantei este ano apareceu unha mañá cunha fermosa flor blanca; tamén florecen a cereixeira (na foto), o pexegueiro (prunus persica) coas súas flores rosas, a laranxeira.


ver foto enriba

onte mesmo plantei un pequeno carballo (quercus pyrenaica) rescatado en Hío (Cangas) do acoso dos eucaliptos; esperemos que prospere pois vense cada vez menos polos montes. Os meus veciños non entenden que se plante un carballo porque non da froitos…


ver foto enriba

espero ter froitos do caqui que se ve na foto pois un veciño ten un e este outono estaba cargadiño de froitas; tamén están en proceso de plantación un par de nespereiras e unha figueira negra tamén traídas de Hío.


ver foto enriba


lanzado por porquiño | 16:30 | son todo oídos [4] |