7.07.09

unha morea de guindas

Este ano a nosa guindeira [Prunus cerasus] foi moi xenerosa. Centos de boliñas vermellas penduraban das súas pólas e nin os merlos deron comido nelas.

Con elas preparouse un licor de guindas que é tradición nas miñas terras natais de Ferrolterra. Tamén xurdiron as sorpresas dunha marmelada moi rica e un doce como o que se fai cos marmelos.


lanzado por porquiño | 19:17 | |