1.10.07
vendima 2007
Como xa se temía este ano a vendima non deu para moito. Apañamos toda a uva albariña o domingo pasado e tan só enchimos 3 caixas fronte ás 25 do ano pasado. Menos mal que Manolo o veciño deixounos coller unhas uvas treixadura que non quería para el. Ao final 3 caldeiros de mosto para o barril que darán unhas 30 botellas; se o viño sale bo vai costar unha millonada.

Esta fin de semana tocoulle ás uvas tintas. Coa ameaza do mal tempo comezamos o venres pola tarde e apañamos 3 caixas. O sábado xa tivemos chuvia todo o día e xa semellaba que o viño tinto sería tan preciado como o branco. Pero o domingo despois de xantar víanse claros esperanzadores no ceo e fomos correndo ás viñas propiedade de Manolo que, coa súa filantropía habitual, cedeunos parte das uvas de folla redonda que alí estaban ao refuxio da chuvia.
Nestes intres están a fermentar na cuba as 17 caixas de uva tinta.
lanzado por porquiño |
10:25 |
|
agro
viño
viticultura
Ola! Que sorte ter veciños así, outros xa quixeran o mesmo. espero que na proxima vendima teñades unha boa colleita.kiños
— elfiña dos soños 16 10 2007 - 18:14 #






Con veciños así, a vida vale un mundo.
Por certo, en vez de eñes e tiles saen uns cadradiños que empecen a lectura. Que ocorre?
— peke 1 10 2007 - 10:54 #