7.06.07

proxecto gato

esta semana a nosa casa converteuse no novo fogar dun par de gatiños que andaban na procura de alguén que os adoptase. É difícil resistirse (para quen lle gusten os felinos) a querer ter unha destas criaturas pola casa. Eu polo menos quédome parvo mirando para eles mentres xogan, durmen, brincan.

Nesta ocasión os nomes elixidos foron Nori e Kombu.


Nori semella ser un gran lector aínda que iniciarse con Pynchon pode ser algo esgotador.






Kombu contempla o mundo dende os seus ollos tristóns e pensa en futuras sopas con ceboliños.



lanzado por porquiño | 12:40 | |

Son lindos. :) E aínda tendes a cadela golden retriever que adoptastes?


peke    18 06 2007 - 20:41    #

si, segue por aquí vendo como a casa vaise enchendo de gatiños.


porquiño    19 06 2007 - 08:41    #

COMO ESTADES PEQUENAS


ENCARNA    10 12 2008 - 18:41    #