15.03.07
tripas
Aínda que podería semellar apoloxía do canibalismo porcino quero falar dun manxar pouco coñecido: as tripas de porco.

Hai moitos anos que non as tomo e as teño asociadas na miña mente ás matanzas que se facían polas terras natais da miña nai. Teño imaxes das señoras da aldea lavando as tripas con total pulcritude nos lavadoiros á beira do río, enchéndoas de aire coma globos.
Alí tomábanse só cocidas e con patacas despois de estar un tempo a salgar.
Descoñezo a xeografía dos costumes da matanza pero comprobei que na zona onde vivo agora non se comen as tripas e tampouco semella que teñan moitas ganas de probalas.
A foto é de cocinalia.
lanzado por porquiño |
13:06 |
|
gastronomía






Si señor porquiño. Un manxar de deuses que non deixa indiferente, que se odia ou se ama até o paroxismo. Un sinal de identidade das terras ao norte do Mandeo (polo menos) e de quen as habitou desde tempos inmemoriais. O único prato da nosa gastronomía que sofre a ignominia de non ter adicada aínda unha festa gastronómica. Onde haxa unha boa tripada que se pare o mundo!
— Calidonia 15 03 2007 - 19:26 #