6.10.06

vendima 2006


esta é a terceira vendima que facemos e xa é todo un costume na casa. Tivemos sorte co tempo porque días despois de rematar chegou o mal tempo, Gordon incluido.
Este ano houbo algunhas novidades.
Por primeira vez axudaron na colleita os nosos sobriños e penso que repetirán o ano que ven.

Outra novidade foi poñer a proba uns barriles de cervexa que se están a vender na zona para almacenar o albariño, pois tivemos excedente de uvas grazas á “colleita histórica” deste ano.

Veremos como resulta o viño desta volta… aínda que sempre hai que dicir que é millor que o do veciño.


lanzado por porquiño | 07:46 | |

Xa convidará á proba.
Só para dar o visto bo ó novo bocoi ;)


ghanito    6 10 2006 - 12:58    #

jejeje, como sempre pendente das colleitas. Magoa que non poida ser bebedor, se non…
Pasate un dia polo miña bitacora e tomate un chisco de sorriso, e o máis que che pode ofrecer :)


An    21 11 2006 - 13:52    #