25.08.06

citromatic


Despois dun tempo con ganas de facerme cun xa teño na casa o clásico espremedor citromatic de braun.

É algo salientable que, nestes tempos de fugaces novidades e tecnoloxías desactualizadas xa dende a saída ao mercado, se poda atopar un aparello que prácticamente non tivo cambios dende a súa orixe.

Debe ser dos máis aparatosos e non é o máis barato pero era o que había na miña casa cando era cativo e lembro que durou moitos anos. E o seu deseño atemporal mola.


lanzado por porquiño | 08:28 | |

tambien lo tuve, igualito al tuo. Pero confieso que después que encontré en los supermercados el jugo natural, sin adictivos, lo dejé de lado.
Abrazos


maray    29 08 2006 - 12:40    #

Na casa tivemos un igual… eu hai tempo que ando detrás dunha iogrutera, tamén de Braun, desas nas que se producía o milagro que de 1 iogur saíran 6. Creo daquela aínda era crente ;-)


paleón    31 08 2006 - 09:55    #

pois aqui tamén temos a iogurtera (moulinex)... aí­nda que debemos ser dos poucos rariños que non teñen microondas.


porquiño    31 08 2006 - 14:03    #

na miña casa, de neno tamén houbo este trebello, e eu tíñalle envexa ós veciños que tiñan a iogurteira braun. Nunca a mercamos :(


ghanito    6 10 2006 - 12:57    #