23.12.05
xogos interactivos
a pasada semana nunha coñecida xoguetería na rúa do Vilar en Santiago de Compostela tiñan unha liquidación de xogos e xoguetes dos de antes; é dicir, de cando eu era novo. Unha verdadeira viaxe ao pasado.
Atopei un xoguiño sinxelo que tiña de cativo da colección ‘Los Imposibles’ de Congost.

Trátase de guiar coa nosa habilidade unha boliña de aceiro por un labirinto con buratos traicioneiros. Verdadeiramente aditivo, entretido e sen pilas.
Nestas festas aproveitarei as xuntanzas familiares para facer unha visita ao trasteiro dos meus pais na procura de lembranzas.
¿E aquel autocrós que pedín os Reis Magos no que non se gastaban pilas porque o coche había que empurralo co dediño pista arriba e pista abaixo?. O ecoloxismo comezaba a aparecer pola vivenda que habitaba a principios dos setenta. Agora daría por el os euros que quixeran roubarme se os tiver, do mesmo xeito que entón non daría un peso. Imos indo vellouquiños, ¿que non?
— erik cachuzo 27 12 2005 - 10:38 #
— erik cachuzo 27 12 2005 - 10:38 #
Yo era fanático (y además creo que todavia lo tengo) del Tragabolas.
— Artipractor 30 12 2005 - 14:10 #
— Artipractor 30 12 2005 - 14:10 #






— maray 25 12 2005 - 13:21 #