13.06.05

pementos do couto

todo o mundo coñece os pementos de Padrón (aínda que en moitos lugares o único que probaron son os pementos de Padrón “feitos” en Murcia e eses si que pican). Pero hai outra variedade non tan coñecida de pementos galegos: os pementos do Couto, orixinarios do concello de Narón como un servidor. Estes é raro que piquen e ademais para o meu gusto son máis xugosos. Hai rumores incluso de que os de Padrón van mercar sementes para ós seus pementos a O Couto.
Agora preténdese obter a denominación de orixe para estes pementos e tamén para os de Padrón.
Na casa xa comimos os primeiros do ano grazas ao calor subtropical do invernadoiro.


lanzado por porquiño | 08:35 | |

...o fodido da historia é que os pementos do couto… cultivanos na cooperativa do val!... non é murcia, pero bueno!

...en calquera caso o proceso de denominación de orixe está en marcha, e hai que ir facendo patria…

...que usté los saboree bien! ;P
dorfun    17 06 2005 - 06:43    #

A min gústanme os que non pican, aínda que non podo comer moitos de ningúns, pero en fin. ¡Bo proveito!
peke    23 06 2005 - 07:27    #

pois xa sabes, peke, pementos do couto. Rexeita imitacións :-)
porquiño    23 06 2005 - 09:37    #

eu penso que xa nas agrarias che venden os pés mesturados, porque nós plantamos uns cantos pés de pementos como se fosen de padrón e saíron diferentes uns dos outros. Uns son de padrón e outros nin idea, parécense ós da foto. Por certo, como facer para inserir unha foto no blog?
patri    5 09 2005 - 07:47    #

que me corrixan os expertos pero un xeito de distinguir os de padrón dos do couto é que nos últimos o pemento sae coa punta cara arriba e nos outros ó revés.
O das fotos depende do sistema que uses para o teu blog…
porquiño    5 09 2005 - 08:54    #

Saúdos, algunha alma caritati­va ten unha boa foto dos pementos do couto?. Nesta zona non se comercializan e non dou atopado unha para poñer na web.


Manxador    18 09 2006 - 15:32    #