19.04.05

20 m2

estes son os meus 20 m2 parisinos.

dende hai xa tempo cando teño que traballar por aí fora prefiro non ter que vivir nos hoteis estándares do mundo e procuro o xeito de atopar aloxamento nun apartamento de aluguer curto. Cando estiven traballando en Londres andiven por varios pisos até dar cun no Notting Hill no que fiquei preto dun ano.
Todos estes pisos son semellantes: espazo reducido pero ben aproveitado; guías de viaxe locais e libros de enésima man; alarmas contra incendios; escaso menaxe de cociña; sempre enmoquetados; paquetes por rematar de azucre, sal e café ...
Ao final convírtense en pequenos fogares e fican con anacos de vida cando facemos as maletas.


lanzado por porquiño | 09:15 | |

Non semella mala solución para evitar os hoteis, sempre un chisco fríos de máis. ¿Limparanos ben antes de os volver ocupar? Eu son un pouco maniática cos restos alleos. ;)
peke    24 04 2005 - 12:08    #

o piso estaba limpo; pero é boa cousa o dos restos alleos sempre e cando sexan comestibles. Eu deixei de herencia un par de cervexas, zume de laranxa e unha botella de viño branco que xa era agasallo do dono do piso.
porquiño    25 04 2005 - 09:13    #