21.09.04
setembro
despois de estar todo o ano agardando chegou o tempo da colleita de mazás que non defraudou as expectativas creadas pola multitude e fermosura das flores das nosas maciñeiras. Agora non damos feito con tanta mazá que cae das árbores e as que hai que recoller maduras antes de que caian ó chan.
A cociña está chea de caixas de mazás, algunhas envoltas en papel para conservalas máis tempo,e aínda que levo unha tódolos días para comer no traballo, semellan non ter fin. E a nevera énchese de compota con receta especial.
Pero nada sabe como as mazás das propias árbores…
lanzado por porquiño |
18:54 |
Por aquí hai veciños que meten as mazás entre a palla para conservalas máis tempo.
— Xosé Antón 23 09 2004 - 11:57 #
— Xosé Antón 23 09 2004 - 11:57 #






— peke 23 09 2004 - 10:41 #