8.07.04

barriga verde

onte fun á recentemente inaugurada casa da cultura de Meis a ver o espectáculo de títeres Barriga Verde da companía Viravolta de Lalín. É unha peza clásica de cachiporrazos que se representaba moito polas feiras de Galiza e que nos tempos do franquismo foi censurada. Hai moitos estacazos, moitas mortes, infidelidades conxugais, un enterro, gardas civís pouco eficientes, aforcamentos, unha corrida de touros, e un cura que remata no inferno.
Non a perdan se estes titiriteiros se achegan ó seu pobo.


lanzado por porquiño | 14:34 |

Esta é unha obra de Manuel María, non?
Depósito    8 07 2004 - 18:18    #

polo que sei a obra é tradicional e ven inspirada nunha historia portuguesa. supoño que o libro de manuel maría será unha adaptación.
porquiño    9 07 2004 - 11:52    #

Cando era cativa, levábanme á Alameda a ver o guiñol. Pasmaba coma unha parva ante os bonecos e coidaba que se movían de seu. Levei un chasco enorme cando souben que os manexaban persoas. Era máxico. :)
peke    9 07 2004 - 15:53    #

a min seguen facéndome crer ás veces que teñen vida de seu...
porquiño    10 07 2004 - 23:24    #

Eu vinos esta finde en Lalín, na Foliada. Gosto deles dende que botaron a andar, xa fai algúns anos, unha iniciativa de animación cultural nas aldeas do concello, para achegar os seus espectáculos a uns rapaces (e tamén adultos) que poucas veces poden ter acceso a este tipo de iniciativas.
caladinha    12 07 2004 - 12:02    #

penso que non é tan difícil achegar os títeres ós nenos dos concellos pequenos; por desgracia o de Meis non creo que teña continuidade. coñeces o museu de títeres de Lalín ?
porquiño    12 07 2004 - 12:12    #

Coñezo, coñezo, que unha é da capital dezana... Por certo, teñen agora mesmo unha mostra interesantes de monicreques do mundo.
caladinha    12 07 2004 - 14:08    #

graciñas pola información. sabes os horarios e días de apertura?
porquiño    12 07 2004 - 14:12    #

Exactamente non sei. En calquera caso o teléfono é 986784694. Se pasas por alí, non esquezas avisar, que logo se improvisa un roteiro gostronómico-cultural de tapeo...
caladinha    12 07 2004 - 18:28    #

Supoño que tamen estarias este domingo no concerto de Milladoiro na tua terra. A pesares dos desafinos de Ferreiros no primeiro tema, seguen a ser os MELLORES.
Xose Anton    13 07 2004 - 02:08    #

Horario do museo da marioneta (casa do títere): De xoves a venres de 6 a 9. Sabados e domingos de 12 a 2 e de 5 a 8.
caladinha    13 07 2004 - 10:13    #

moitísimas gracias, caladinha. Hemos de ir unha fin de semana destas coa nosa sobriña tamén afecionada ós títeres.
porquiño    13 07 2004 - 10:19    #

O de "Barriga Verde", efectivamente, é obra de Manuel Maria e mais é popular (até se podem estabelcer conexões co Mr. Punch inglés). Podeis saber algo sobre este fito da cultura do país durante o franquismo em http://www.culturagalega.org/temadia_arquivo.php?id=2254 ou, muito mais desenvolvido, no número 2 de BULULÚ: A REVISTA DOS TÍTERES do IGAEM. Que aproveite.
São Tomé    16 07 2004 - 12:11    #

moitas gracias por ampliar a información sobre Barriga Verde. Temos que apoiar esta figura dende xa; é o noso Pulcinella.
porquiño    16 07 2004 - 12:29    #

Eu tamén vin esa obra hai un par de anos. A verdade é que gustei moito dela e paseino moi ben. Realmente é unha mágoa que non haxa máis actividades destas na nosa terriña. SAÚDE E TEATRO!
Turzi    16 07 2004 - 13:37    #

eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde. http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
pepe penas    6 10 2004 - 19:20    #

eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde. http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
pepe penas    6 10 2004 - 19:22    #

eu atopei este sitio donde contan a historia do creador do persoaxe de Barriga Verde. http://www.geocities.com/acedofeita/barriga.htm
pepe penas    6 10 2004 - 19:23    #