24.06.04

san xoán


onte pasei a noite de san xoán convidado na casa dos veciños onde preparouse unha boa sardiñada nuns asadores feitos con tambores de lavadoras que poden ver na foto (xa decidirán os eruditos se isto merece entrar na historia do agropopart). As sardiñas mollaban o pan de millo que daba gusto e contáronse os chistes e sucedidos habituais neste tipo de encontros como o da señora de Arzúa que tomou por equivocación unhas pastillas de poñer quentes ás vacas e tiveron que encerrala nunha habitación do alterada que se puxo.
Ó final de noite prendimos unha pequena fogueira a pesar do orballo que caía e brincamos por enriba dela varias veces para que non nos trabe nin cadela nin can.


lanzado por porquiño | 12:07 |

Hahahahaha. ¿É certo iso da señora e as pastillas das vacas? ¡Por Deus! ¿Non sería mellor ofrecerlla a algún santo que encerrala? ;)
peke    24 06 2004 - 14:20    #

o da señora é verídico; creo que chamaron tamén a un veterinario aínda que non teño moi claro o que podía facer neste caso...
porquiño    24 06 2004 - 18:02    #

Sería interesante ter máis datos sobre a señora esa... aínda que esa quentura acostuma ter fácil solución ;-)
opaco    25 06 2004 - 11:20    #

A iso mesmo me refería eu, Opaco, a iso mesmiño.
peke    25 06 2004 - 13:09    #

terei que investigar cal foi o labor do veterinario neste difícil caso...
porquiño    25 06 2004 - 13:15    #

Sardiñas e churrasco, ou non? En canto a contos de señoras nada como a que comeu un cento de sardiñas...
xisbe    27 06 2004 - 23:08    #

A ver, unha preguntiña moi concreta: o de saltar fogueiras é un bo método de depilación, entón?
Brocco    28 06 2004 - 12:46    #

...e estivo toda a noite sacando do cu as espiñas...
porquiño    2 07 2004 - 13:14    #