23.06.04

empeza a colleita

aquí embaixo poden ver os primeiros productos que recollemos este ano na nosa horta. Trátase duns calabacíns, uns bagullos de chícharos e unha restra de aios que están a secar na cociña. Próximamente chegarán os tomates, as cenorias, as leitugas, as acelgas, os porros, as berenxenas, os pimentos e as cebolas.



lanzado por porquiño | 16:33 |

fermosas berenxenas, abofé
Cesare    24 06 2004 - 01:37    #

neno!, a como están os chícharos?
dorfun    24 06 2004 - 10:55    #

cesare: son calabacíns non berenxenas, pero se ve que pensa...
porquiño    24 06 2004 - 11:03    #

os chícharos están caros este ano: a colleita é pequena e á maioría dos veciños coméronllos os paxaros. nós puxemos unha rede antiaérea.
porquiño    24 06 2004 - 11:05    #

As restras de allo semellan melena de serea. Das outras cousas non podo catar, ¡ai! :)
peke    24 06 2004 - 14:19    #