16.06.04

sardiñada

achégase o san xoán e esta fin de semana tomamos a primeira sardiñada. Preparadas á brasa no primixenio asador de pedras da nosa leira xa comenzan a mollar o pan. A mesa na que foron degustadas foi orixinalmente un tonel de formigón usado para mesturar os sulfatos para as viñas, unha nova mostra de agropopart.



Despois destes manxares chegou a cata dun licor de caña tostada que deixou nunha garrafa a anterior propietaria da casa. Nin absenta nin nada: este é o espirituoso máis alcólico que probei na miña vida; a resaca aínda non se foi de todo.


lanzado por porquiño | 16:21 |

¡Que boa pinta! Refírome, claro, ás sardiñas. :)
peke    16 06 2004 - 16:58    #

Non vos privades, esa é que é vida. Esa tostada ou non estaba feita en condicións ou a cantidade/persoa superaba límites. Que envexa!!!
Samuel    16 06 2004 - 17:55    #

é o peligro das cañas feitas na casa. esta debe ser ben añeja.
porquiño    16 06 2004 - 17:59    #

Sendo as sete da tarde a visión das súas sardiñas faime babear; relamome diante do portatil...
Princesa Fiona    16 06 2004 - 19:04    #

Menos mal que se achega o San Xoán...
caladinha    17 06 2004 - 18:30    #

certo, e estamos xa arranxando a sardiñada do ano para esa noite de lume...
porquiño    17 06 2004 - 18:44    #