3.06.04

na granxa do amor

na nosa casa son tempos de ciclo reproductivo: despois do nacemento dos rabirrubiños (que o martes pasado abandoaron o niño e xa deben de andar voando de viña en viña de albariño) a pata muda comenzou a chocar 16 ovos e case non sae de enriba deles; nunhas dúas semanas veremos se nace algún parruliño.
Onte a coella deu a luz a uns 6 coelliños que polo momento son ben feos; se cadra algúns de vostedes non saiban que antes do parto a coella fai un niño arrincándose pelos do seu peito.
E por enriba un dos pitos xa está feito todo un mozo, estalle a cambiar a voz e xa ghalea ás galiñas.


lanzado por porquiño | 12:13 |

...vaia zoo que estás a facer!!! Eu teño un trauma infantil cos coellos. A miña avoa nunca mos deixaba coller até ser ben grandes, porque disque se nón a coella desbotábaos ó cheirarlles a "humano".
dorfun    3 06 2004 - 12:52    #

Buua!!! O teu é unha familia numerosa en toda regra
caladinha    3 06 2004 - 15:41    #

Ha, ha, ha, ha. A última frase é tan plástica que case escacho co riso imaxinando ese "milhomes".
peke    3 06 2004 - 19:58    #

a miña avóa aconselloume que nin siquera mire ós coelliños para que a nai non deixe de amamantalos...
porquiño    4 06 2004 - 12:34    #