27.05.04

paxariños II

exclusiva: os rabirrubiños xa teñen forma de paxaro despois dunha semana en que só podían verse os seus peteiros pedindo comida arreo. Dentro doutros sete días, segundo os expertos, os paxariños (hai tres) abandoarán o niño.


lanzado por porquiño | 17:33 |

Cunha pouca de sorte, terás inquilinos todos os anos... vailles preparando melloras na pensión! Parabéns... padriños!?
dorfun    27 05 2004 - 19:37    #

que mellor pensión que todo un hórreo para eles soliños; polo momento non imos encher o hórreo de millo nin patacas. onte entereime de que unha veciña tamén ten un niño de rabirrubios na súa casa. deben vir atraídos polas vides de albariño...
porquiño    28 05 2004 - 14:24    #

¡Polas vides do albariño! Non son parvos, non.
peke    29 05 2004 - 15:15    #