12.05.04

autograph man

como moitos blogueiros dos arredores eu tamén estiven no concerto de lambchop este venres pasado en Pontevedra. Disfrutei moito coa súa música e o ben que soaban as cancións do seu disco ‘is a woman’ fíxome voltar a el.
Na foto podedes ver ó cantante do conxunto, Kurt Wagner firmando autógrafos (eu teño a miña entrada firmada) e parolando cos fans.
Até a próxima.


lanzado por porquiño | 16:13 |

Que valiente!! Eu para saudar a Jonathan Richman tiven que prepararme psicolóxicamente durante máis de media hora...
jean-sol    13 05 2004 - 14:17    #

a verdade é que a foto fíxolla a miña muller, iso dame máis corte. pero a entrada firmada pedínlla eu soíño.
porquiño    13 05 2004 - 15:43    #

a pregunta é obrigada: ¿algún blogeiro non estivo no concerto de lambchop? (ten coidado porque o debate sobre se o concerto estivo ben ou mal anda enmarañado por tres ou catro blogs)
willy    13 05 2004 - 23:43    #

Je, témome que eu non estiven. Andaba no balneario, coma que sei eu, coma Cánovas del Castillo...
jean-sol    14 05 2004 - 18:46    #