7.05.04
autoestrada

tódolos días teño que desprazarme até Vigo dende Meis para ir a traballar; son as desvantaxes de vivir no rural. Antes facía o traxecto pola autopista AP-9 o que me supoñía un gasto duns 6 euros diarios. Hai moitos por ahí que pensan que en Galiza as autoestradas son gratuitas; pois que se sepa que a principal autoestrada de Galiza que vai dende Ferrol até Vigo non é gratuita nin barata, que foi privatizada recentemente e que suben as tarifas cando lles peta.
Por todo isto e para aforrarme uns cartos ó mes decidin desprazarme ó traballo pola estrada N-554 que discorre case paralela á autoestrada polo concello de Vilaboa até Cangas. Esta estrada non está en moi boas condicións e está bastante transitada; dame a impresión de que non interesa moito arranxala para que non se perdan clientes nos peaxes.
A única concesión que lle fago ós de auda$a é tomar a ponte de Rande no traxecto final para cruzar a ría de Vigo. En total só tardo uns 15 minutos máis en chegar ó meu destino.
— opaco 9 05 2004 - 23:59 #
Web sobre Audasa e Accidentes Múltiples na AP-9: http://www.autopistasdelatlantico.com/
— AUDASA: Autopistas de Atlántico 25 12 2008 - 20:41 #






— jean-sol 8 05 2004 - 00:01 #