4.05.04

visitantes


todo comenzou cun misterioso montonciño de carriza (musgo) dentro do hórreo que foi crecendo día a día até converterse no niño que podedes ver na foto. Fai poucos días foron aparecendo os ovos (catro en total, un por día) e agora xa os está a incubar a nai.
Non sei de que paxaro se trata; se hai algún experto ornitólogo na sala agradecería a súa identificación: é unha parella, o seu tamaño é coma dun pardal, de cor marrón, cunha cola vermella-laranxa, peteiro escuro.
Dende logo souperon escoller un bo sitio para facer o seu niño e eu xa lles deixo sempre a porta do hórreo aberta.


lanzado por porquiño | 11:47 |

Supoño que andoriñas non son. Contáronme unha vez que se unha parella de humanos copula baixo un niño de paxaro, enxendra seguro. POlo visto, non falla (nunca probei).
peke    5 05 2004 - 17:46    #

non, andoriñas non son. Estiven investigando pola rede e penso que se trata de tordos ou malvises. Graciñas pola colaboración.
porquiño    5 05 2004 - 17:54    #

coido que tordos, pero eu de paxaros nin idea. eu descubrin este día un avispeiro na terraza, se queres cambiamos :D
ascárida    9 05 2004 - 21:53    #

Non son ornitólogo pero penso que debe ser un rabirrubio común(Phoenicurus ochruros) en castelán colirrojo tizón, a femia é marrón e o macho casi negro.
Samuel    10 05 2004 - 00:47    #

ascárida : o das avispas non me interesa pero se atopas un enxame de abellas lémbrate de min.
porquiño    10 05 2004 - 13:28    #

samuel: graciñas! trátase de rabirrubios. aínda non sei como fuches quen de identificalos coa miña pobre descripción. aquí hay unha boa foto. parece que incuban unos 12 días así que xa queda pouco para que nazan os paxariños.
porquiño    10 05 2004 - 13:56    #

a foto está aquí: http://www.arthurgrosset.com/europebirds/photos/phooch%20162.jpg
porquiño    10 05 2004 - 13:56    #

Eu tamén lle ía dicir que rabirrubios. A cola de cor tella é inconfundíbel. Ademais, teñen un abaneo moi característico cando están pousados. Un nome do país: merla pedresa (pedrés é o que é branco e negro, coma o macho dos rabirrubios). Cóideos. Dun tempo pra esta parte cada vez se ven máis estes paxaros.
Cesare    12 05 2004 - 00:16    #

Ola, tamén se lle chaman curroxos. Eu polo de rabirrubios non entendía. ¿É o outro máis popular? ¿Coñecía alguén o de curroxos?
lagarteiro    24 05 2004 - 22:47    #