28.04.04

na busca do fogo

agora que se achega o veraniño apetece coma nunca comer ó aire libre un bo churrasco, uns polos picantóns ou unhas sardiñas (axiña empezarán a mollar o pan). E moito máis se están cociñados á brasa.
Nós non temos semellantes luxos coma un asador de pedra con cheminea pero facendo unha homenaxe ós nosos antepasados paleolíticos montamos un rápidamente cunhas cantas pedras. As únicas diferencias son a grella metálica e os mistos utilizados para prender o lume. Pero o churrasco seguro que non estaba tan bo naqueles tempos: a cociña é das poucas evolucións da humanidade dende entón.



lanzado por porquiño | 13:53 |

Noraboa pola versión galega!! E coidado con Jaureguizar...
jean-sol    28 04 2004 - 19:57    #