23.03.04

ofrécese colmea con vistas


a nosa casa vaise enchendo de obxectos curiosos e antigos traídos da casa do meu avó político en Hío, Cangas (el chámalles porquerías). Fai tempo trouxemos unha vella artesa (arcón de madeira para amasar o pan) e a última vez un baúl de madeira e ferro e un cortizo para abellas que poden ver na foto; trátase dunha colmea tradicional feita con corteza de alcornoque oca. Xa está colocada na horta orientada cara o sol por ver se algún enxame se decide a mudar aquí; estes días poiden ver algunha abella exploradora examinando o cortizo como posible futura vivenda.
Abellas do mundo: aproveiten esta oportunidade única.







lanzado por porquiño | 16:34 | |

vaia, q sorte! eu precisamente ando buscando unha artesa, porque a q tiñamos na casa non era gran cousa (era de madeira de piñeiro) e apodreceu. a ver se atopo algunha na parroquia e a merco por bon prezo. a túa de q madeira é?
maiself    24 03 2004 - 09:52    #

pois non te sabería dicir porque está pintada de marrón. pero debe de ser madeira boa porque ten bastantes anos e aínda que con polilla está ben conservada. sorte.
puerquito    24 03 2004 - 10:30    #

creo que é de madeira de castaño,polo menos pareceume cando cortei as patas que estaban carcomidas pola polilla
geiko    24 03 2004 - 12:57    #

Os seus posts son, puerquito, como un banco de madeira ao pé da A9. Flípanme.
Cesare    28 03 2004 - 19:21    #

gracias cesare; gústame iso do banco de madeira...
puerquito    31 03 2004 - 09:34    #

Thanks!.. http://keflex.0me.com keflex: buy keflex, discount keflex, cheap keflex. See also http://keflex.0me.com discount keflex here.
keflex    25 09 2005 - 12:11    #

Thank you! http://meridia.0me.com cheap meridia: buy meridia, discount meridia, cheap meridia. Also http://meridia.0me.com discount meridia here.
cheap meridia    25 09 2005 - 12:12    #