29.02.04

a vaina das eleccións

Aínda non estou moi seguro a que partido vou votar pero si teño claro a quen non votarei porque non quero ir ‘juntos a más’. Paréceme a min que a decisión de moitos votantes baséase na elección da opción ‘menos mala’; o pobo xa ten asumido que gañen os que gañen as cousas non van ir a mellor. Os candidatos elexidos crense no dereito de facer o que lles veña en gana durante 4 anos e despois soen ter a sorte de voltar a ser elexidos a pesares de todalas tropelías cometidas no seu mandato. Eu boto a faltar algún método de control dos nosos gobernantes para que non pasen cousas como as que estamos vendo ultimamente: aznar e os seus compinches minten descaradamente e bótanlle a culpa a ONU da guerra-invasión de Irak, a alcaldía de Sada arrebatada cun faxo de billetes, o de Toques que pode seguir sendo alcalde, os chapuzas do Prestige que todavía non admitiron a súa culpa, e moitos máis casos que xa estarán a recordar os candidatos da oposición.
Nestes tempos boto a faltar unha campaña máis cercana á xente e menos mitines aos que só van os votantes acérrimos dos partidos a aplaudir e axitar banderiñas. Penso que este país é en realidade un país rural e nos pequenos pobos hai outras preocupacións e escoitan como quen escoita chover todas esas cousas ‘da política’. Na aldea onde eu vivo puxeron un cartel enorme do ‘Plan Galicia’ para rehabilitación dos concellos rurais. O único que gastaron de momento do orzamento previsto é precisamente o que custou dito carteliño. E así sempre. A xente está ata o carallo dos políticos deste país,moitas promesas incumpridas, abuso infinito do poder e soberbia por parte duns funcionarios que nin siquera teñen un posto fixo xa que non pasaron por ningunha oposición. E aínda se preguntan o por qué de tan pouca participación á hora das votacións.
Os datos da abstención e votos en branco deberían de iniciar un debate necesario sobre a lei electoral; eu sempre pensei que os votos en branco deberían computarse tamén e convertirse en escaños vacíos (hai unha iniciativa interesante dun ‘partido’ : ciudadanos en blanco) porque non é xusto que un partido goberne en maioría absoluta con só o 40% dos votos. Tamén debería haber unha opción de votar en contra dun partido xa que esta é a postura de moitos votantes: non están a favor de ningunha opción política pero si en contra de moitas. A min pásame o mesmo…


lanzado por porquiño | 12:51 | |

Non mires as encostas que te deprimes, ay...
deneno    1 03 2004 - 23:31    #

En Padrón, concello coñecido polas súas praias, contei catro letreiros de "Plan Galicia. Mellora de infraestructuras nos concellos costeiros". Nas enquisas o PP parece estar moi cerca de perder a maioría absoluta, pero, ah, puerquito, imaxínate o que lle diría calquera dos teus veciños á rapaza do Instituto Opina que a chama por teléfono. "¿Preguntas de política? Ai, non, nena, a min non. Que non está o meu home". Maldito país, que dicían Eskorbuto.
jean-sol    2 03 2004 - 21:32    #